Escoitar

O Concello adxudica a dixitalización do Arquivo Municipal de Vigo

O Concello aprobou un investimento de 250.000 euros para a dixitalización de libros de actos, de comisións, índices, padrón e listas de embarque, entre outros documentos do Arquivo Municipal de Vigo.

venres, 8 nov 2019
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este xoves a contratación do servizo de catalogación e proxecto piloto para a dixitalización do arquivo municipal por un importe de 250.000 euros

Segundo informou o alcalde en rolda de prensa, o proxecto inclúe a dixitalización dos libros de actas dos Plenos, da Comisión Municipal Permanente, os índices dos Plenos, os índices da Comisión Municipal Permanente, o padrón de habitantes, as listas de embarque e os índices do arquivo.

O proxecto é susceptible de cofinanciamento co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun porcentaxe do 80% a través do Edusi Vigo Vertical, polo que o Concello tan só tería que facerse cargo do 20%.

Vértixe Sonora
Ademais, a Xunta de Goberno deu o visto e prace á subvención nominativa mediante convenio coa "Asociación Cultural Vértixe Sonora" para a organización do VII Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea 2019 cun importe de 7.000 euros.