Escoitar

O novo PXOM contempla un vial desde a A55 ao hospital, con conexións á VG20 e Portanet

O borrador do novo Plan Xeral será presentado a finais deste mes e inclúe novidades nas infraestruturas viarias, segundo informou este venres Abel Caballero. O documento prescinde da Ronda de Vigo que figuraba no anterior Plan e recolle unha nova conexión desde a estrada de Porriño a Clara Campoamor, que se prolongará logo en dous ramais ata a Avenida de Portanet e a VG20 en Matamá.

venres, 8 nov 2019
1573220461plano.jpg
O primeiro borrador do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal será presentado a finais deste mes e neste non figurará a coñecida como Ronda de Vigo, unha controvertida vía desde Coruxo ata Teis que si debullaba o anterior PXOM.

No tocante a infraestruturas viarias, o documento urbanístico contempla un novo sistema que conectará a A55 -á altura de Baruxáns, algo despois do seminario- con Clara Campoamor e desde aí continúa para bifurcarse ata o enlace coa VG20 á altura de Matamá e coa Avenida Portanet, preto da subestación eléctrica de Fenosa.

Na A55 contémplase crear un novo enlace no que confluirán a proxectada nova saída en túnel ata O Porriño e esta nova estrada ata Clara Campoamor, que nunha parte tamén discorrerá soterrada. Unha vez alí, continuará ata a parte de atrás da ampliación do polígono industrial de Balaídos -cunha parte en túnel tamén- onde se bifurcara: por un lado en dirección á Avenida Portanet e, por outra, ata conectar co enlace xa existente da VG20 á altura de Matamá.

O obxectivo é dotar á cidade de novas vías de acceso ao Álvaro Cunqueiro principalmente, e tamén á Universidade e ao Parque Tecnolóxico e Loxístico. Coa nova estrada, ao hospital se podería chegar directamente desde Portanet e desde a Avenida de Madrid, ademais dos accesos actualmente existentes.

Teis e Castrelos
Outras actuacións planificadas no borrador do Plan afectan ás conexións urbanas de Teis e da Avenida Arquitecto Palacios. O PXOM en elaboración debulla un novo enlace completo da AP9 á altura da rúa Bos Aires, permitindo a conexión Teis-centro a través da autoestrada. Este tramo, ademais, presenta un tratamento como vía urbana e contempla cubrir algunhas partes para permitir a comunicación entre as zonas alta e baixa da cidade sobre a autoestrada.

Por outro lado, no PXOM se prevé cambiar os extremos da Avenida Arquitecto Palacios, cunha transformación do enlace coa Avenida de Madrid por un lado e, do outro, dándolle continuidade á vía unha vez desemboca na Avenida de Castrelos, facendo posible chegar ata Fragoso e Florida.
1573220461plano.jpg
1573221010081119AlcaldePXOM.jpeg
Descargar todas as imaxes