O Concello de Vigo, á cabeza das grandes cidades de España no pago a provedores

luns, 8 out 2018

Os datos do Ministerio de Facenda revelan que Vigo abona as súas facturas en 13,32 días de media, mentres que as Comunidades Autónomas tardan 33,3 días, a Administración Central paga en 50 días e as entidades locais, en 63,4 días. Abel Caballero subliña o "modelo de xestión eficaz" de Vigo, que ademais ten superávit, débeda cero e cumpre o teito de gasto.<br />

O goberno de Vigo non aplica o IPC e conxela todas as taxas e impostos no 2019

venres, 20 xul 2018

Anunciouno este venres o alcalde tras ser aprobadas as ordenanzas fiscais. A non aplicación do IPC do 1,5% supón un aforro de 2,8 millóns para a cidadanía, explicou Caballero, quen engadiu que as motos de máis de 125cc verán rebaixado o seu imposto noutro 10%. A presión fiscal viguesa, a menor das urbes galegas, vese reducida nun 1,5% en termos reais.