venres, 2 mar 2018
Caballero acudirá o vindeiro martes a Madrid para manter unha reunión co secretario de Estado de Facenda na que recibirá o borrador do decreto que permitirá ás Corporacións Locais investir o superávit de 2017. "Recoñezo a celeridade, están respondendo a súa palabra", sinalou o alcalde.
venres, 16 feb 2018
O alcalde valorou este venres o informe "de excelencia" do Consello de Contas correspondente a estes dous anos, prazo no que a Intervención viguesa non firmou ningún reparo mentres que nas outras cidades galegas se gastaron 65 millóns de euros pese ás obxeccións de Intervención.
xoves, 1 feb 2018
O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) solicitou unha entrevista con Cristóbal Montoro para solicitarlle que "atenda as necesidades dos municipios" logo de que o ministro barallase a posibilidade de reestruturar a débeda das Comunidades Autónomas.
mércores, 31 xan 2018
O Pleno tomou coñecemento hoxe mércores do informe correspondente ao último trimestre do 2017. O edil de Facenda, Jaime Aneiros, explicou que Vigo abona as facturas nunha media de quince días, mostra da "boa xestión económica" do Concello, cando a media das urbes españolas supera os tres meses.
xoves, 25 xan 2018
O alcalde destacou que, grazas á "boa xestión" do goberno local, a cidade logrou o ano pasado aforrar máis de 12,2 millóns de euros pero alertou de que o Ministerio de Facenda impide que ese diñeiro sexa "reinvestido nos propios vigueses".
mércores, 24 xan 2018
O Concello pechou o ano 2017 cunha media de pago a provedores de -13 días, mentres que o dato de decembro foi de -19 días (49 días antes do final do prazo legal), polo que repite como a primeira administración local española. O alcalde destacou a importancia que ten este feito para as empresas e para a economía.
mércores, 10 xan 2018
A FEMP acordou unha reforma da plusvalía que permitirá aos contribuíntes pagar un 20% menos e sempre no caso de que realmente obteñan beneficios na compra venda. Esta modificación, ademais, dotará de seguridade xurídica aos cidadáns e ás administracións locais.
luns, 8 xan 2018
O alcalde considera "incomprensible, indebido e intolerable" a decisión do Ministerio de Facenda de rebaixar a súa achega ao Consorcio en 17 millóns respecto ao ano anterior. <br />
xoves, 16 nov 2017
O Pleno da Corporación deu luz verde este xoves ás contas do Concello para o próximo ano, que ascenden á cifra récord de 256,5 millóns e que reservan 34,7 millóns para investimentos. O goberno de Vigo citou como prioridades do documento a política social, os servizos públicos de calidade e o investimento xerador de emprego.
venres, 3 nov 2017
O alcalde felicitou aos promotores dos tres catálogos de pesca conxelada que esta mañá se presentaron na Cooperativa de Armadores. Estas publicacións son unha recopilación das accións que se están a levar a cabo en tres ámbitos: medio ambiental, económico e social.