O rexedor subliña o papel da construción na calidade de vida cidadá

venres, 5 abr 2019

Abel Caballero asistiu este venres á inauguración da Feira SICO, Salón do Interiorismo e a Decoración que se celebra no IFEVI ata o domingo. Durante o acto destacou a importancia da construción como "núcleo da actividade humana" ao crear os espazos para vivir, sendo unha parte importante da calidade de vida da xente. Así, incidiu na necesidade de apoiar a obra pública desde as institucións ao ser un sector dinamizador da economía e o territorio.

O alcalde confía en obter "en meses" a alta tensión para PSA e anuncia máis solo industrial

mércores, 13 feb 2019

Logo dunha reunión co novo xerente da planta, Abel Caballero trasladou "todo o apoio" á demanda da empresa e manifestou ter "toda a confianza" en conseguila en "meses", pois as conversas co secretario de Estado de Enerxía foron "alentadoras". O rexedor informou ademais da solicitude da "lei Vigo" para ampliar o espazo de PSA e avanzou a súa vocación de incrementar o solo industrial en Vigo.

Vigo continuou no 2018 á cabeza das cidades españolas no pronto pago a provedores

mércores, 30 xan 2019

O Concello sitúase unha vez máis como a cidade española que antes abona as súas facturas, cun prazo que en decembro foi de sete días, cando a media das corporacións locais é de 59 días. Os datos, ofrecidos polo goberno de Vigo no pleno deste mércores, indican que o Concello efectuou máis de 13.000 pagos o ano pasado por importe superior aos 146 millóns.