O rexedor visita os talleres científicos do Oceanográfico no MARCO

martes, 2 mai 2017

O Centro de Oceanografía de Vigo do Instituto Español de Oceanografía desenvolve diferentes obradoiros no MARCO dirixidos a escolares vigueses como parte das actividades coas que celebran o seu centenario. Abel Caballero estivo coñecendo de preto como as nenas e nenos se achegan á ciencia e ao labor científico de forma didáctica e entretida e felicitou ao persoal do Oceanográfico pola iniciativa.

O alcalde recibe a estudantes estadounidenses de intercambio en Vigo

venres, 21 abr 2017

Abel Caballero saudou este venres a un grupo de 16 alumnos de Bacharelato procedentes dos Estados Unidos que están realizando un intercambio co Colexio Miralba e que pasarán as dúas próximas semanas coñecendo a cidade e a súa contorna e mellorando o seu coñecemento do idioma. O rexedor deulles a benvida a Vigo e desexoulles unha feliz estancia e aprendizaxe na "cidade máis fermosa do mundo, na cidade da economía e do emprendemento".

Caballero salienta o papel da xuventude na unión de Europa

venres, 31 mar 2017

O rexedor recibiu este venres no Concello ao alumnado dos IES Politécnico de Vigo e o IES Calvario que realizan un intercambio escolar co College Blaise-Pasca de Saint Flour en Anvergne, en Francia, que visitaron as instalacións municipais. Abel Caballero deulles a benvida á cidade e referiuse a esta acción educativa como un exemplo da unidade de Europa, poñendo en valor o papel da xuventude no irmandamento dos diferentes países do vello continente. Ademais, destacou a importancia das relacións económicas e comerciais de Vigo con Francia coa industria do automóbil como principal baluarte.

O rexedor entrega os premios de Aqualia con motivo do Día Mundial da Auga

venres, 31 mar 2017

Preto dun cento de escolares vigueses de máis de 30 centros da cidade participaron na XIV edición do Concurso Dixital Infantil Internacional que se desenvolveu baixo o lema "O ciclo da auga, unha aventura para valentes". Abel Caballero entregou os galardóns aos doce finalistas vigueses e a unha das dez gañadoras: a viguesa María Sío Tizón, do CEIP Frián de Teis. O acto, que se desenvolveu na Praza do Rei, rematou cunha solta de globos con consellos de consumo responsable de auga achegados polos nenos e nenas participantes.