O rexedor coñece o labor educativo da Escola Infantil "A Camelia"

luns, 29 mai 2017

Abel Caballero percorreu este luns as instalacións do centro, situadas no barrio de Navia, apuntando a súa "forma espléndida de funcionamento" ao tempo que poñía en valor as 620 prazas en oito escolas infantís que subvenciona "cun importante nivel" o Concello. Durante a visita, o alcalde respondeu á curiosidade do alumnado polo seu traballo e o día a día do funcionamento municipal.

O alcalde ratifica o apoio do goberno vigués á escudería UVigo Motorsport

luns, 15 mai 2017

Caballero, xunto ao concelleiro Santos Héctor Rodríguez, recibiu este luns ao equipo universitario, que perfila a nova tempada despois de ter competido co seu monoplaza nos circuitos de Autodrom Most (República Checa) e Montmeló (España). O rexedor felicitou á escudería e confirmou o apoio do Concello de cara aos novos que afronta. <br /> <br />

O rexedor visita os talleres científicos do Oceanográfico no MARCO

martes, 2 mai 2017

O Centro de Oceanografía de Vigo do Instituto Español de Oceanografía desenvolve diferentes obradoiros no MARCO dirixidos a escolares vigueses como parte das actividades coas que celebran o seu centenario. Abel Caballero estivo coñecendo de preto como as nenas e nenos se achegan á ciencia e ao labor científico de forma didáctica e entretida e felicitou ao persoal do Oceanográfico pola iniciativa.