mércores, 6 xuñ 2018
Tras recibir finalmente a autorización de Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia, o alcalde anunciou a aprobación do proxecto para cubrir o patio do Canicouva, en Castrelos, cun importe próximo aos 300.000 euros. Ademais, o Concello acometerá tamén as cubertas do Rocío e do Carballal.
martes, 29 mai 2018
A oferta de obradoiros de verán para público de todas as idades amplíase no mes de xullo con cursos na Escola Municipal de Teatro. O prazo para solicitar esta oferta formativa rematará o próximo 11 de xuño. <br />
luns, 28 mai 2018
O alcalde acudiu este luns aos xardíns do Pazo-Museo de Castrelos para felicitar aos alumnos dos colexios da provincia que participaron na actividade Faro da Escola, organizada polo periódico Faro de Vigo coa colaboración do Concello e da Deputación de Pontevedra.
mércores, 23 mai 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, clausuraron este mércores na rúa do Príncipe a edición correspondente ao curso 2017-2018 do proxecto "Depoemprende na Escola" e "Depoemprende na Eso" no que participaron 400 alumnos e alumnas de centros educativos da provincia.
mércores, 23 mai 2018
Segundo explicou o alcalde, o goberno de Vigo adxudica as 750 prazas para 3º de ESO e prevé que os 16 en lista de agarda poidan obtela polas renuncias voluntarias que cada ano se rexistran. O Concello publica este mércores o listado provisional de admitidos no programa municipal "Vigo en Inglés".
luns, 14 mai 2018
Os 120 alumnos do Ceip Coutada Beade contan cun circuíto de seguridade viaria que lles servirá para concienciar na importancia da educación vial, tal e como xa se está a facer noutros colexios da cidade. Esta mañá o alcalde de Vigo visitou as instalacións deste centro educativo.
mércores, 2 mai 2018
Os días 3, 7, 8, 9 e 10 de maio o Auditorio do Concello de Vigo albergará baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IX Xornadas Municipais de Teatro Escolar, nas que participarán uns 340 actores e actrices noveis pertencentes a 10 centros de educación primaria e aos alumnos/as dos grupos de Dramatización e Básico 9-11 anos da Escola Municipal de Teatro. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno.
xoves, 26 abr 2018
Abel Caballero asistiu esta mañá á apertura da biblioteca do colexio Fontescura, nun acto no que tamén participou Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2017 e Vigués Distinguido 2018. Durante a visita, felicitou por esta iniciativa aos responsables do centro co que o Concello colaborou no pintado do seu edificio administrativo.
luns, 23 abr 2018
O alcalde achegouse esta mañá as instalacións do colexio Alborada para coñecer os distintos proxectos educativos que está a desenvolver o centro. Durante a visita, coñeceu da man dos estudantes, un bo número de iniciativas educativas relacionados coa lectura, a cidade e á investigación.
xoves, 19 abr 2018
A Escola Municipal de Teatro de Vigo ten previsto realizar durante a vindeira fin de semana o<br />
evento "Trazos nas Táboas", consistente na representación de pezas breves de micro-teatro.