O goberno local adica 2 millóns de euros a bolsas de comedor e de libros para centros de Primaria e Secundaria

xoves, 22 nov 2018

O alcalde de Vigo mantivo esta mañá un encontro con responsables de centros educativos de Primaria e de Secundaria da cidade aos que reiterou o compromiso municipal para seguir atendendo as necesidades do alumnado a través das achegas de comedor e de libros. O Concello adica 1,2 millóns de euros a axudas de comedor, incrementando a partida en 137.000 euros para poder atender todas as peticións. A esta cantidade hai que sumar os 600.000 euros que xestiona FOANPAS. As bolsas para libros teñen orzamento de 110.000 euros.

Convocatoria de cursos monográficos na Escola Municipal de Artes e Oficios

xoves, 11 out 2018

Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios, faise a convocatoria dos seguintes cursos monográficos: "O debuxo como linguaxe na moda: O figurín II", "Elaboración de espadillas", "Serigrafía aplicada ás técnicas de esmaltado ao lume", "O libro ilustrado: O gravado coma imaxen do texto". Os cursos están abertos ás persoas interesadas que non estean matriculadas no curso 2018-19 na EMAO e que cumpran os requisitos indicados en cada un dos cursos.