Escoitar

A biblioteca de Navia reabre as súas portas de luns a sábados con limitación de aforo

Abel Caballero visitou esta mañá a nova biblioteca de Navia coincidindo coa súa reapertura ao público. Os 200 postos de lectura dos que consta vense reducidos a 54 por protocolo sanitario e será accesible de luns a sábados.

xoves, 22 out 2020

O alcalde achegouse este xoves achegouse este á nova biblioteca de Navia que reabre a súas portas na rúa Teixugueiras e horario de luns a sábados, coa vontade de ampliar este período en épocas de exames. O custo da construción desta instalación -que foi inaugurada en xaneiro deste ano – foi de case 500.000 euros e o seu mantemento anual ascende a 70.000 euros. O espazo está dotado de 200 postos de lectura con wifi aínda que nestes momentos está reducido a 54 en atención ao protocolo Covid 19.

Navia súmase á biblioteca municipal Neira Vilas aberta en 2011 en Martínez Garrido, á posta en marcha no Auditorio Mar de Vigo en 2017 (con máis de 400 postos de lectura), á Casa do Patín, en Bouzas, e á que o Concello xa ten proxectada no solar no que nestes momentos está o centro de saúde de Teis, unha vez que o Executivo de Pedro Sánchez nos cedera o inmoble. Ademais, proseguiu o rexedor, a proposta municipal de construír a Biblioteca do Estado na rúa Lalín volve estar na axenda política do Goberno Central.

Festivos locais

O rexedor deu conta esta mañá dos festivos locais de 2021 e avanzou que ao cadrar en domingo o día 28 de marzo, o festivo pasará ao 16 de febreiro, martes de Entroido. O 16 de agosto o ano que vén coincidirá en luns polo que pasará a ser festivo.

Descargar todas as imaxes