Escoitar

O alcalde estudará cos estaleiros vigueses unha proposta conxunta para optar a fondos europeos

O rexedor participou este xoves na inauguración do congreso internacional Maritime Trends Summit, que organiza Asime para abordar co sector a situación actual e as perspectiva de futuro, no que apuntou que é imprescindible que o naval de Vigo presente un proxecto para concorrer aos fondos europeos de reconstrución económica.

xoves, 22 out 2020

Abel Caballero avanzou que iniciará unha rolda de contactos con tódolos estaleiros de Vigo para estudar a presentación dunha proposta conxunta de mellora "engarzada nos fondos de industria de Europa. Hai que poñer ao naval da cidade na vangarda da tecnoloxía e nas melloras da produtividade para incrementar ao máximo a súa competitividade".

Así, explicou que xa ten realizado un primeiro contacto con Barreras ao que seguirá co resto de estaleiros vigueses, coa industria auxiliar, con Asime e cos sindicatos para poñer en común un proxecto de utilización dos fondos europeos no retornables co obxectivo de facer melloras tecnolóxicas e avanzar na modernización.

O alcalde sinalou que Vigo conta coa maior agrupación de estaleiros privados de Europa nun territorio conexo polo que "é imprescindible que o mundo do mar de Vigo entre no ámbito dos proxectos europeos e que o conxunto do naval de Vigo presente un proxecto a Europa" para os 72.000 millóns de euros dos fondos europeos.

 

Descargar todas as imaxes