O Concello reduce ao 50% o aforo dos cemiterios e amplía os seus horarios para a xornada de Defuntos
Aforos ao 50%, obrigatoriedade de máscara e limitación de grupos a 5 persoas son algunhas das normas incluídas no protocolo municipal para acudir aos cemiterios con motivo da festividade de Todos os Santos. Haberá carteis informativos en todas as instalacións municipais e os días 30, 31 de outubro e o 1 e 2 de novembro, o horario dos camposantos será ininterrompido desde as 9,00 h ata ás 18,30 h.
Os cemiterios terán reducido o seu aforo ao 50% con motivo da Festividade de Todos os Santos, tal e como anunciou esta mañá o alcalde nunha rolda de prensa na que detallou o protocolo establecido para garantir a seguridade sanitaria nos cemiterios. As instalacións municipais de Pereiró, Lavadores, Teis, Cabral, Zamáns, Bembrive, Beade e Candeán contarán con cartelería informativa con indicacións de obrigado cumprimento. Ademais, recoméndase acudir aos camposantos días antes ou despois do propio día de Defuntos para evitar aglomeracións.
Os días 30 e 31 de outubro e o 1 e o 2 de novembro o horario dos camposantos será interrompido desde as 09,00 h ata as 18,30 h. É obrigatorio o uso de máscara aínda que se poida manter a distancia de seguridade. As visitas terán que ser individuais ou en grupos familiares que convivan ata un máximo de 5 persoas e prégase evitar o contacto con achegados, ademais de levar envases da casa para limpar e adecentar os nichos (non se compartirán ferramentas). Está prohibido fumar e é obrigatorio camiñar pola dereita en sentido único da circulación. Recoméndase que o tempo de estancia no recinto sexa inferior a 30 minutos.
Vaise reforzar a desinfección de zonas comúns como baños ou billas, nos que se limitará a entrada a unha única persoa.
A maiores, Policía Local e Protección Civil, vixiarán as entradas e o movemento de vehículos nos tres cemiterios principais: Pereiró, Lavadores e Teis. Nalgúns casos, haberá sinalización para permitir o paso, como en Teis ou Castrelos e, noutros como Pereiró, incluso se haberá reserva para discapacitados ou ambulancias.
Transporte
O Concello porá en marcha un servizo especial de autobuses e reforzará todas as liñas que prestan servizo aos cemiterios con motivo do día de Defuntos. Segundo informou o alcalde, incorporaranse os autobuses necesarios para cumprir coas demandas dos usuarios ao longo da xornada. Ademais das liñas regulares, disporán dun servizo de ampliación de frecuencia nas liñas C3, L15 e L17.
Relación de cementerios y líneas:
- Teis: C3
- Bouzas: C3, L4 A/C, L5 B y L15 A/C
- Pereiró: H2, L7, L8, L12 B e L17
- Zamáns: L7
- Puxeiros: L15 C
- Beade: L6 y L27
- Candeán: L9 B
- Cabral: L11
- Matamá: L17
- Alcabre: L10 y L15 A/C
- S. Andrés: L11 e L29