Programación do Día Internacional dos Museos 2016

venres, 13 mai 2016

Como cada ano dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) convida aos museos do mundo enteiro a celebrar o 18 de maio o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte. O lema deste ano é ‘Museos e paisaxes culturais’, que salienta a idea dos museos como centros territoriais de protección activa da paisaxe cultural.Por este motivo, a Concellería de Cultura organiza un programa especial dentro da Rede de Museos Municipais que terá lugar os días 14, 15 e 18 de maio.

Inauguración de "Anomia" de Rosa Úbeda na Fundación Laxeiro

xoves, 12 mai 2016

Rosa Úbeda (Pontevedra, 1958) presenta na Fundación Laxeiro de Vigo a exposición individual titulada Anomia, un proxecto no que a través dunha selección de obras de diferentes épocas, a artista propón un percorrido da súa linguaxe pictórica. A exposición poderá visitarse do 13 de maio ó 10 de xullo.<br />

Concerto SINFÓNICA VIGO 430

xoves, 21 abr 2016

Este venres, día 22 de abril, ás 20:30 h, terá lugar no vestíbulo do Auditorio "Mar de Vigo" o concerto da ORQUESTRA SINFÓNICA VIGO 430, que se inclúe no programa "Primavera 2016" , unha completa programación na que participan as catro seccións da Orquestra Vigo 430 e que conta coa colaboración da Concellería de Cultura .

NAS ONDAS. Peche do ciclo De Piano III

xoves, 21 abr 2016

O venres, 22 de abril, terá lugar no Auditorio Martín Códax do CSMVigo o concerto que porá remate ao primeiro dos ciclos de NAS ONDAS, Festival da Música e das Artes do CSMVigo, que se desenvolve no Conservatorio entre os meses de abril e maio.O Concerto, baixo o título de "Proxecto Música Española", reunirá a alumnado e profesorado de diferentes conservatorios de Galicia que abordarán un repertorio de compositores hispanos. A cita será ás 20 horas, no Conservatorio, e a entrada, como en todos os actos de NAS ONDAS, é libre.

Concerto alumnado Conservatorio Profesional de Música de Vigo

mércores, 20 abr 2016

A Concellería de Cultura colabora co Conservatorio Profesional de Música de Vigo no concerto que terá lugar o xoves 21 de abril, ás 20:00 h, no Auditorio Municipal do Concello. O concerto correrá a cargo do alumnado do departamento de conxunto e música de cámara, con actuacións de guitarra, trío de música de cámara e quinteto de metais, así como dos coros "júnior" e "sénior" do centro. A entrada será libre até completar aforamento.