O alcalde salienta o "grande proxecto musical" da Orquestra Vigo 430

mércores, 20 xan 2016

Este mércores presentouse a programación de primavera da Orquestra Vigo 430, que ofrece oito concertos nun ciclo "ambicioso e de alcance" segundo o seu director artístico, Javier Escobar. Abel Caballero manifestou o apoio do goberno local a esta formación que reúne a músicos da canteira viguesa.

Programación Museo Liste Etnográfico de Vigo 1º trimestre 2016

mércores, 13 xan 2016

O Museo Liste-Etnográfico de Vigo, xestionados pola Fundación Liste coa colaboración da Concellería de Cultura, presenta a súa programación para o primeiro trimestre do ano, que contará coa exposición permanente, exposicións temporais, actividades complementarias e do ciclo anual, obradoiros e concursos.Os seus horarios son:DE MARTES A SÁBADO: de 10:00 h a 14:00 h e MÉRCORES: de 10:00 h a 14:00 h. e de 17:00 h. a 19:00 h.

Prórroga exposición Museo de Castrelos

mércores, 13 xan 2016

A exposición "Estraño cotián. A colección de Artes Decorativas do Museo Municipal de Vigo Quiñones de León", promovida pola Concellería de Cultura, que se desenvolve no Museo de Castrelos, amplía a súa apertura ao público ata o 26 de xuño.

Caballero chama a "abarrotar" o Auditorio Mar de Vigo no concerto de Alejo Stivel e Carlos Tarque

martes, 22 dec 2015

O alcalde vigués deu a benvida este martes a Vigo a estes "mitos" e "ídolos" da música, cantantes de Tequila e M Clan, respectivamente, que ofrecerán mañá un concerto conxunto no Auditorio Mar de Vigo, dentro da programación municipal de Nadal. Ambos escolleron Vigo para reunirse por primeira vez e interpretar algúns dos clásicos do rock en español, nun formato acústico e íntimo.

Concerto do grupo Ladibain o 13 decembro

venres, 11 dec 2015

A Concellería de Cultura programa o domingo día 13 de decembro un concerto do grupo LADIBAIN, que terá lugar ás 20:00 h no Teatro Afundación Vigo. Baixo o título "La vie en rose, unha viaxe musical con Ladibain", ofrécese un espectáculo no que a interpretación está acompañada de diálogos e escenificación dos intervenientes, que serve de fío condutor entre as diferentes interpretacións.

Encontros co artista Mingos Teixeira na exposición "Alicia no país das marabillas"

venres, 11 dec 2015

O artista Mingos Teixeira oferta unha serie de encontros coas persoas presentes en sala para a exposición "Alicia no país das marabillas", que ten lugar na planta baixa da Casa das Artes ata o 10 de xaneiro de 2016. Os encontros serán os domingos 13 e 27 de decembro, 3 e 10 de xaneiro, de 12:30 a 14:00 h; e os mércores 16, 23 e 30 de decembro, de 19:00 a 20:30 h. <br /> <br />