venres, 7 abr 2017
A partir deste sábado e ata o día 12 de abril, setenta pianistas procedentes de 25 países participarán no primeiro Concurso Internacional de Piano de Vigo, organizado no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música. Este certame é unha mostra máis do "gran momento" que está a atravesar a música clásica na cidade, segundo o concelleiro de Cultura.
xoves, 6 abr 2017
O Concello colabora coa Asociación de corais polifónicas de Vigo, ACOPOVI, na organización do XII Festival Coral de Música Sacra Vigo 2017, que se desenvolve dende o 1 ao 12 de abril en diversas igrexas da cidade. Contará coa participación de 35 agrupacións corais viguesas e doutros lugares como Bretaña, Vilagarcía ou Asturias e comprenderá un total de 19 recitais.
xoves, 23 mar 2017
O concelleiro de Cultura presentou este xoves, xunto ao director da Orquestra, Manuel Rodríguez, a programación 2017 que inclúe nove concertos en distintos espazos da cidade e o ciclo Resonancias con seis pequenos recitais.
martes, 21 mar 2017
O alcalde de Vigo resaltou esta mañá a calidade artística do espectáculo "Priscilla Reina del Desierto, el Musical", que chegará ao Auditorio de Vigo este xoves. Esta superprodución internacional chega á nosa cidade coa mesma montaxe coa que encheu escenarios de Brodway ou Londres, entre outros.
xoves, 16 mar 2017
Caballero presidiu o acto de inauguración dunha nova edición de Mostrarte, a proposta cultural que leva a arte aos espazos da Alcaldía de Vigo e pola que teñen pasado xa 150 creadores. A elección desta temática responde ao 53ª Concurso Exposición da Camelia que Vigo acolle esta fin de semana. <br />
mércores, 15 mar 2017
A contadora brasileira Claudia Fonseca presenta o seu espectáculo "Contos e cantos nordestinos", dentro de Atlántida, o Festival Internacional de Narración Oral trae a Galicia a un amplo abano de narradores de diferentes países. <br />
martes, 7 mar 2017
Coa colaboración do Concello de Vigo, o IV Certame de Relatos "Vigo Histórico" abre mañá 8 de marzo o prazo de recepción dos textos, nos que a cidade debe xogar un papel relevante, ao nivel das personaxes ou da trama. Como novidade, a organización concederá primeiro e segundo premio, ademais de catro accésits.
venres, 3 mar 2017
Abel Caballero deu a coñecer o proxecto logo de reunirse este venres co novo director xeral de Galaxia, Francisco Castro. O libro de Carlos Casares será repartido entre 8.000 nenas e nenos vigueses.
venres, 24 feb 2017
O Museo Nacional del Prado e o Concello presentaron hoxe venres a exposición "Hoxe toca o Prado", que se inaugurou na Pinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego, baixo o patrocinio da Fundación AXA e a colaboración da ONCE. A exposición, accesible para persoas con discapacidade visual, permanecerá aberta ao público ata o 14 de maio.
xoves, 23 feb 2017
O alcalde participou esta mañá na presentación de Génesis, Arte en la calle, un proxecto de Sebastiâo Salgado que recolle os oito anos que explorou a beleza da natureza en todo o mundo. Trinta oito imaxes deste fotógrafo brasileiro estarán instaladas na rúa Príncipe ata o próximo 22 de marzo.