Escoitar

VigoCultura inicia 2018 con 36 funcións de 24 compañías diferentes no Auditorio Municipal

O alcalde destacou a afluencia de público durante a programación de 2017, na que houbo unha asistencia de 8.000 espectadores.

luns, 15 xan 2018
Abel Caballero presentou esta mañá a programación do Auditorio Municipal para o primeiro trimestre de 2018. Espectáculos de rúa, música, monicreques, teatro, comedia, danza e circo de 24 compañías son algunhas das 36 funcións que propón VigoCultura.

O rexedor destacou que haberá dúas grandes actuacións, o 8 de marzo (Día da Muller) e o 29 de abril (Día Internacional da Danza). O orzamento da programación é de 80.000 euros, de tal modo que as accións terán un prezo "infinitamente por debaixo" do seu custe real.

As entradas comezarán a venderse o 16 de xaneiro con prezos que van desde 5 aos 10 euros. A programación de febreiro a abril terá espectáculos de rúa, música, monicreques, teatro, comedia, danza e circo con un total de 24 compañías e 36 funciones para público familiar, incluído unha activade para bebés, e adulto.

A novidade do trimestre consistirá nun programa especial denominado 3x3m que ofrecerá tres espectáculos, tres disciplinas en tres espazos distintos do propio Auditorio, como son os camerinos, o vestíbulo e o propio escenario. En 2017, VigoCultura tivo máis de 8.000 espectadores, cunha media media de 200 persoas.