Caballero exhibe en Fitur o apoio científico para que as Cíes sexan recoñecidas Patrimonio da Humanidade
O Concello de Vigo promociona por cuarta vez consecutiva o arquipélago vigués na Feira Internacional de Turismo e nesta ocasión presentou o soporte científico que avala a candidatura. O alcalde, durante a súa intervención, repasou as iniciativas que xa se realizaron nun proceso que cualificou como "un movemento colectivo de apoio á natureza".