luns, 15 xaneiro 2018

O Concello inicia o deseño da nova vía verde de Vigo desde Teis ata Urzáiz

luns, 15 xan 2018

O alcalde amosouse este luns satisfeito pola decisión de ADIF de desafectar os terreos, paso previo á sinatura dun convenio que permitirá ao Concello habilitar unha senda verde na antiga vía do tren desde Teis ata Urzáiz. Caballero adiantou que o goberno que preside xa traballa no deseño para os catro quilómetros.

O goberno de Vigo estima repartir un total de 75.000 tarxetas PassVigo

luns, 15 xan 2018

Abel Caballero avanzou que esta semana se enviarán a domicilios unhas 40.000 PassVigo, na súa gran maioría para os usuarios das tarxetas verdes ordinarias do autobús urbano, co que o total previsto se achegará ás 75.000. Desde o 26 de decembro ata o 14 de xaneiro, 47.000 viaxes de bus foron abonados coa nova PassVigo