Caballero estudará accións conxuntas cos axentes sociais en defensa da Sanidade Pública en Vigo
O alcalde mantivo unha reunión cos representantes dos sindicatos ante a "preocupante" situación da sanidade en Vigo. "É necesario máis persoal e a construción de cinco novos centros de saúde na cidade", sinalou
Abel Caballero anunciou este luns que estudará conxuntamente cos axentes sociais da cidade levar a cabo accións en defensa da Sanidade Pública en Vigo. O rexedor recibiu aos representes dos sindicatos e deu o seu apoio á vindeira mobilización que levarán a cabo nas rúas viguesas.
"Compartimos a inmensa preocupación polo deficiente estado da Sanidade en Vigo, cunha poboación de medio millón de persoas que están a soportar as listas de espera e unha intolerable situación cun problema previsible nesta época como é a gripe", sinalou o alcalde tras manter unha xuntanza cos representantes de CCOO, UGT e CIG.
Caballero alertou de que a cidade carece de infraestrutura sanitaria polo "evidente fracaso do Hospital Álvaro Cunqueiro" e porque a Xunta "non adica recursos para atender ás persoas que o necesitan". Así, considerou que estamos ante "a confluencia dun histórico erro, como é a forma na que foi deseñado o novo hospital, e os recortes da Xunta en Sanidade, que Vigo padece de maneira moito máis dramática".
Neste senso, o alcalde explicou que a administración autonómica debería ter construído cinco cinco centros de saúde durante a etapa de Alberto Núñez Feijóo a fronte do goberno, polo que emprazouno a iniciar de forma inmediata as obras das novas instalacións de Bouzas, onde o Concello cedeu os terreos e para os que xa existen fondos.
"Sabíamos que ía a pasar todo isto cando fixemos a masiva manifestación, mobilizáronse 200.000 persoas porque previamos isto que acaba de pasar, unha mala atención desde o Hospital Álvaro Cunqueiro polas deficiencias, pola forma na que está concibido, por ser un hospital privado e pola desatención aos centros de saúde, aquela grande manifestación tiña razón, os feitos o corroboran", apuntou Caballero.
O alcalde tamén destacou o celo dos profesionais na Sanidade para mitigar os problemas, pero alertou de que as deficiencias estruturais non poder ser resoltas, polo que é necesario unha "reformulación" da Sanidade en Vigo. "Primeiro hai que reconsiderar a estrutura de funcionamento do novo hospital, segundo é necesario máis persoal e terceiro teñen que empezar a construción dos centros de saúde", indicou.
Abel Caballero recoñeceu estar "alarmado" pola situación e anunciou que enviará unha carta ao presidente da Xunta para solicitarlle que resolva o problema. "Quero incorporar sectores sociais e estudaremos conxuntamente accións para seguir coa denuncia da lamentable situación da Sanidade en Vigo, a sociedade está moi alarmada, iniciarei contactos con outros sectores sociais porque ten que haber unha reacción da Xunta", engadiu.
Descargar todas as imaxes