O Concello reclama oficialmente a cesión do edificio da Tesourería en Teis para construír unha biblioteca
O alcalde advirte que o inmoble non vai ser vendido por ter uso dotacional. "Confío en que impere a sensatez", apuntou.<br />
O Concello de Vigo remitiu á Tesourería da Seguridade Social unha carta na que reclama oficialmente a cesión do vello edificio da rúa Enrique Lorenzo, onde estaba situado o antigo centro de saúde, para que poida converterse na futura biblioteca de Teis. O alcalde advirte que o inmoble ten uso dotacional, polo que non pode ser vendido.
"Enviamos unha carta para que fagan obras e reparen a mala situación na que está o edificio, non imos tolerar que sexa un foco de marxinalidade", apuntou Abel Caballero. O rexedor vigués confía en que "impere a sensatez" e anunciou iniciativas parlamentarias para conseguir que a Tesourería ceda o inmoble.
Descargar todas as imaxes