Escoitar

Caballero avanza que a cuberta e a nova fachada de Río estarán instaladas no próximo partido do Celta

O goberno de Vigo continúa coa remodelación da bancada de Río, no estadio municipal de Balaídos, e estima ter completamente instalada tanto a nova cuberta como a fachada ondulada para o 29 de xaneiro, data do próximo partido do Celta en Vigo. O Concello abre este venres a Avenida de Citroën ao tráfico en dirección Castrelos.

venres, 12 xan 2018
O alcalde informou esta mañá que hoxe venres se abriu ao tráfico a Avenida de Citroën, en sentido Castrelos, unha apertura parcial permitida polo avance da remodelación da bancada de Río, no estadio municipal de Balaídos.

Desde Castrelos a Camposancos, engadiu Caballero, a circulación continuará desviada ao redor do estadio ata que conclúan os traballos en Río. Neste sentido, o alcalde avanzou que tanto a cuberta como a fachada ondulada da citada bancada estarán instaladas para o próximo encontro que dispute o Real Club Celta en Vigo, o 29 de xaneiro contra o Betis.