venres, 19 xan 2018
As visitas culturais ás medianeiras elaboradas en 2016 e 2017 serán os mércores e sábados ás 11 da mañá cunha hora e media de duración. O IV programa de medianeiras desenvolverase neste 2018 coa previsión de realizar 15 novos murais.
venres, 19 xan 2018
Unha vez recibido este venres o borrador, Abel Caballero avanzou o visto bo municipal ao convenio con ADIF para poder converter a antiga vía do tren desde Redondela nunha vía verde. O alcalde recoñeceu a "dilixencia" de ADIF e do Ministerio de Fomento neste asunto: "as cousas, cando se fan, hai que recoñecelas"
venres, 19 xan 2018
O alcalde visitou este venres un centro "cunha calidade asistencial e educativa extraordinaria", co que o Concello de Vigo coopera, por exemplo, coa cubrición da pasarela e melloras en caldeiras e baños. Tras felicitar ao profesorado, Caballero valorou unha educación pública "coa mesma ou máis calidade" que a concertada.
venres, 19 xan 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a primeira edición do Galiexpo Salón Bike&Running, exposición enfocada ao ciclismo e ao "running" que se celebrará no recinto ferial do Ifevi do 2 ao 4 de febreiro, coincidindo tamén con Galiexpo Motor Show. "É unha oferta adicional no que xa de seu é unha gran mostra", sostivo o rexedor.
venres, 19 xan 2018
Abel Caballero reuniuse este venres cos representantes da empresa Marine Instruments e organizadores da Conferencia de Monitoreo e Observación da Pesca. A cita é unha referencia no sector a nivel internacional e cada ano atrae a unhas 300 persoas procedentes de todos os continentes, así como autoridades de países como Australia, Nueva Zelanda, Estados Unidos e de toda Europa. O rexedor felicitounos pola iniciativa e deu o seu apoio.