O goberno local promove unha campaña de recollida de sinaturas en favor da candidatura das Cíes
Abel Caballero presentou unha campaña de recollida de sinaturas en apoio ao recoñecemento das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade. A iniciativa, que arrancará este sábado ás 12,00 h na rúa Príncipe, desenvolverase durante toda a semana en dez puntos diferentes da cidade simultaneamente.
Este sábado, ás 12,00 h na rúa Príncipe dará comezo unha campaña de recollida de sinaturas de apoio á candidatura de Cíes Patrimonio da Humanidade. Esta iniciativa, que se organizará simultaneamente en máis de dez puntos da cidade, prolongarase durante toda a semana e continuará a través dunha páxina web que se presentará nos próximos días. En declaracións aos medios, o rexedor amosou a súa confianza en que todos os cidadáns de Vigo darán o seu apoio para converter o arquipélago en Patrimonio da Humanidade.
Caballero destacou o éxito da "novidosa" presentación da candidatura en Fitur, onte en Madrid, xa que contou coa presencia de vintecinco científicos de talla internacional, algo inédito na historia da feira de turismo. Investigadores das tres universidades galegas e do Instituto Oceanográfico avalaron esta candidatura nun acto que tamén contou con representantes do sector turístico, comercial e hostaleiro de Vigo.