O alcalde recibiu aos organizadores da Conferencia de Monitoreo e Observación da Pesca
Abel Caballero reuniuse este venres cos representantes da empresa Marine Instruments e organizadores da Conferencia de Monitoreo e Observación da Pesca. A cita é unha referencia no sector a nivel internacional e cada ano atrae a unhas 300 persoas procedentes de todos os continentes, así como autoridades de países como Australia, Nueva Zelanda, Estados Unidos e de toda Europa. O rexedor felicitounos pola iniciativa e deu o seu apoio.