O Concello pon en marcha desde febreiro cinco rutas para visitar os novos murais da cidade
As visitas culturais ás medianeiras elaboradas en 2016 e 2017 serán os mércores e sábados ás 11 da mañá cunha hora e media de duración. O IV programa de medianeiras desenvolverase neste 2018 coa previsión de realizar 15 novos murais.
O Concello de Vigo inicia o vindeiro 3 de febreiro as novas rutas aos novos murais elaborados no último ano grazas ao Programa de Medianeiras. O alcalde informou de que haberá un total de cinco novos percorridos culturais cunha duración de 90 minutos. Trátase de cinco rutas diferenciados para desfrutar dos novos murais do Programa de Medianeiras.
A primeira delas arrancará o día 3 e praza de Peniche será o punto de encontro para a continuación visitar a rúa Gaiteiro Ricardo Portela (pavillón Berbés). A seguinte será o día 7 en percorrerá O Castro, parque infantil Charly Rivel, e a Praza de España. A zona de Beiramar será outro punto de visita, partindo da rúa Ánimas e chegando á Pérgola de Jenaro de la Fuente en Bouzas. A cuarta ruta será desde Santiago de Vigo, pasando por Serafín Avendaño, Rosalía de Castro, Areal e Roupeiro e a última terá como lugar de interese o barrio das Travesas, cunha ruta por Pintor Colmeiro, Praza Independencia, Camelias, López Mora, rúa Coruña, Avenida de Castelao, Pavillón das Travesas, Avenida de Castrelos e final na Praza América.
"As medianeiras están collendo un nivel mundial e xa empezamos a ser unha das cidades máis coñecidas por levar a arte á rúa, unha forma especial de concibir a beleza", apuntou o rexedor. Nas tres edicións do Programa de Medianeiras xa foron decorados un total de 44 murais da cidade e na cuarta, a desenrolar este ano 2018, aumentará ata as 60 medianeiras.