O goberno de Vigo estima repartir un total de 75.000 tarxetas PassVigo
Abel Caballero avanzou que esta semana se enviarán a domicilios unhas 40.000 PassVigo, na súa gran maioría para os usuarios das tarxetas verdes ordinarias do autobús urbano, co que o total previsto se achegará ás 75.000. Desde o 26 de decembro ata o 14 de xaneiro, 47.000 viaxes de bus foron abonados coa nova PassVigo
O alcalde adiantou este luns que o Concello prevé repartir un total de 75.000 tarxetas PassVigo cando conclúa o proceso iniciado no mes de decembro, co envío aos domicilios de 23.500 unidades aos titulares das tarxetas de autobús de pensionistas, estudantes, universitarios e sociais. En xaneiro comezou o envío das aproximadamente 40.000 PassVigo para os titulares das tarxetas verde ordinarias, proceso que concluirá esta semana. Ademais da remisión de oficio das novas tarxetas, os cidadáns poden solicitar a súa no Concello ou na web passvigo.vigo.org
Caballero explicou que a PassVigo se activa cargando a tarxetas nos caixeiros de Abanca, salvo as dos pensionistas que, ao ser de balde, se validan a través de claves pola nomeada web ou nos teléfonos habilitados ao efecto. Expuxo o alcalde que unha media de 461 persoas chaman en xaneiro ao día para informarse ou activar a tarxeta.
Desde o pasado 26 de decembro ata o 14 de xaneiro, 47.000 viaxes no autobús urbano de Vigo foron abonadas coa nova PassVigo, segundo os datos ofrecidos este luns por Abel Caballero, quen detallou que na súa maior parte foron de pensionistas.
O alcalde recordou que o 31 de marzo finalizará a vixencia das actuais tarxetas verdes para o autobús, polo que animou á cidadanía a obter ou activar a nova PassVigo canto antes. No mes de marzo será posible o traspaso do saldo das vellas as novas tarxetas.
Abel Caballero recomendou o empadroamento para poder obter a PassVigo e gozar dos descontos no autobús urbano. Nun futuro, a nova tarxeta poderá ser empregada para máis servizos municipais, no ámbito do deporte, da cultura ou para o pago da zona azul, por exemplo.