O Concello aproba o convenio coa Deputación para humanizar a Estrada Provincial
O investimento para humanizar a Estrada Provincial superará os 2,8 millóns e contará cunha conexión coa Avenida de Madrid a través de ramplas. O prazo de execución é de 12 meses, tal e como explicou hoxe mércores o rexedor.
O Concello de Vigo aprobou este mércores na Xunta de Goberno Local o proxecto de Humanización da Estrada Provincial (rúa Emilia Pardo Bazán), entre Gran Vía e Avenida Arquitecto Palacios, cun importe de 2,8 millóns de euros. O alcalde destacou a colaboración da Deputación de Pontevedra para a reforma da rúa.
O convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación foi aprobado polo goberno local cun prazo de execución de 12 meses. A humanización, tal e como destacou Abel Caballero, inclúe a renovación de canalizacións par abastecemento de auga, así coma pluviais e fecais, pavimento e beirarrúas.
A reforma da rúa Emilia Pardo Bazán tameń supón a chegada do plan Vigo Vertical coa construción de ramplas para conectar coa Avenida de Madrid. "Levamos de novo unha parte de Vigo Vertical cunha conexión con ramplas", apuntou o rexedor.
Caballero tamén destacou a boa disposición da Deputación de Pontevedra para colaborar na humanización, algo que non ocorría cos anteriores responsables do organismo provincial. "Estou encantado con esta humanización porque hai veciños que tiveron a mala fortuna de que sempre lles negaron a reforma da súa rúa", insistiu o alcalde.