mércores, 9 dec 2015
A Concellería de Cultura colabora co Festival de curtametraxes, animación e documental "Consecuencias", que se celebra no Auditorio Municipal do Concello os días 10, 11 e 12 de decembro, e onde se exhibirán algúns dos traballos máis relevantes realizados en España entre 2014 e 2015. A entrada custa 1 €, dispoñibles no despacho de billetes do auditorio dende 30 minutos antes do inicio das proxeccións.
mércores, 9 dec 2015
Exposición cos traballos presentados ao concurso de relato fotográfico 2015, organizado por Latente e as Clínicas Dra. Susana Santeiro, no que os autores facendo uso do medio fotográfico contan unha historia, o que supón un maior compromiso coa creación fotográfica.A mostra podese visitar na Casa das Artes dende o xoves 10 de decembro ate o domingo 10 de xaneiro.
venres, 4 dec 2015
O Recinto Feiral de Vigo acolle dende mañá sábado a tripla exposición "Evolución Humana, idade de xeo e dinosauros", unha das mostras máis grandes sobre esta temática que pasou polos Estados Unidos, París, Lisboa e Edimburgo e agora recala en Vigo, onde permanecerá aberta ata o 14 de febreiro. O evento foi presentado este venres polo Concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, quen amosou a vontade do goberno local de "colaborar con iniciativas destas características" e que estivo acompañado de Lucrecia García Fernández, responsable da exposición, quen destacou o perfil didáctico da mostra.
xoves, 3 dec 2015
O venres 4 de decembro, ás 20:00 h, inaugúrase na Casa das Artes a exposición "Alicia no país das Marabillas". Mingos Teixeira: Metamorfose", promovida pola Concellería de Cultura. Nesta exposición, o espectador gozará dunha síntese creativa multidisciplinar onde a pintura se mestura coa música, o teatro, o mundo audiovisual e a literatura nunha experiencia cultural que non lle deixará indiferente.
venres, 27 nov 2015
A Concellería de Cultura oferta obradoiros para grupos familiares, na exposición "Alicia no país das marabillas. Mingos Teixeira: Metamorfose", que terá lugar na planta baixa da Casa das Artes, entre o 4 de decembro de 2015 e o 10 de xaneiro de 2016.A inscrición nos obradoiros precisa reserva previa, que poderán realizar a partir do venres 27 de novembro.
venres, 27 nov 2015
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, participou esta mañá na presentacion da IV edición do Concurso de Violín e Violonchelo Cidade de Vigo que se desenvolverá esta fin de semana no Conservatorio Superior de Música. O concerto cos gañadores de 2014 será o día 4 no Auditorio Mar de Vigo, con entrada gratuíta ata completar aforo.
xoves, 26 nov 2015
Co obxecto de facilitar o estudo polo periodo de exames e o uso das instalacións públicas, a Biblioteca Pública Juan Compañel (r/ Joaquín Yáñez, 6), en colaboración coa Concellería de Cultura, amplía o horario de apertura da súa Sala de Lectura do 1 ao 17 de decembro, ambos inclusive. <br />
<br />
xoves, 26 nov 2015
O Verbum-Casa das Palabras alberga dende mañán venres día 27, e ata o 15 de decembro, a exposición "Lavadores pasado e presente da nosa parroquia", organizada polo CEIP O Pombal de Vigo.
mércores, 25 nov 2015
O Verbum-Casa das Palabras (avenida de Samil, 17) oferta estos días a Esponxa de Menger, realizada no seno de Imatxina e a Fundación Rosalía de Castro durante os anos 2014-2015. A Esponxa de Menger é un conxunto fractal descrito por primeira vez en 1926 por Karl Menger mentras exploraba o concepto de dimensión topolóxica. Este inocente cubo posúe algunhas características absolutamente desconcertantes: a súa superficie é infinita e o seu volume tende a cero.
luns, 23 nov 2015
A capela ardente do poeta falecido este domingo en Vigo aos 92 anos permanecerá aberta ata as 17:00 horas da tarde deste luns na Casa da Cultura Galega, o espazo que o Concello habilitou para que a cidadanía puidera render homenaxe a un autor que o alcalde definiu como "poeta universal que facía a súa poesía dende as rúas de Vigo, de Madrid, de España para a cidadanía do mundo".