Mostrarte enche de cor a Alcaldía de Vigo coas obras do mestre Antón Pulido

mércores, 7 dec 2016

Abel Caballero deulle unha moi especial benvida as obras de Pulido que durante as próximas semanas lucirán na Alcaldía de Vigo. Traballos de distintas épocas deste "grande" da pintura galega poderán ser visitadas durante as próximas semanas nestas dependencias municipais. Mostrarte leva moitos anos exhibindo a calidade artística da cidade pero faltaba Antón Pulido, imprescindible pola súa innegable calidade artística e polo seu compromiso con Vigo.

A imaxe, protagonista do XXI Maratón Fotográfico Concello de Vigo e do II Concurso de Narración Fotográfica

venres, 2 dec 2016

Ambos certames foron presentados este venres no Consistorio polo concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, e polos seus responsables: Jesús Nieto e Susana Santeiro, que convidaron á cidadanía a sumarse cos seus retratos. O Maratón e o Concurso únense neste 2016 para incrementar a participación e co fin de expoñer as obras de forma conxunta na Casa das Artes.

Samaín no Museo Liste

luns, 24 out 2016

Como tódolos anos, O Museo Liste celebra o Samaín . Este ano na semana do 25 ao 28 do outubro visitarán o museo máis de 300 alumnos e alumnas de diferentes centros educativos, participando nas distintas actividades previstas: contos, xogos e talleres relacionados co Samaín.

O alcalde convida á cidade a gozar do talento feminino no MARCO

venres, 14 out 2016

A exposición "Mulleres do Silencio: de Maruja Mallo a Ángela de la Cruz" abre desde hoxe venres e ata o 16 de abril no MARCO amosando un cento de obras de mulleres artistas do século XX. Durante a presentación da mostra, o rexedor apostou polos espazos para dar visibilidade ao traballo das mulleres.