Caballero confía en que a céntrica Porta do Sol "favoreza e estimule" a Feira do Libro de Vigo
Coa participación do alcalde, a 43ª edición da Feira do Libro de Vigo arrancou este xoves, e ata o 8 de xullo, na Porta do Sol, en horario de 11 a 14 e de 17:30 a 22 horas. Abel Caballero manifestou que agarda que emprazalo no "mellor sitio da cidade" sirva "para favorecer, para estimular, para apoiar" o evento.
Este xoves abriu as súas portas a edición 2017 da Feira do Libro de Vigo, que se celebra na Porta do Sol ata o próximo 8 de xullo, en horario de 11 a 14h e de 17:30 a 22h. O lema deste ano, "A Ledicia de Ler", é unha pequena homenaxe a Carlos Casares, autor recoñecido este ano no Día das Letras Galegas.
O alcalde, na súa intervención, apuntou que "queremos deixar o mellor sitio da cidade" para a Feira do Libro de Vigo, "para favorecer, para estimular, para apoiar" este acontecemento cultural. Caballero, tamén autor de varias novelas, valorou a "aventura única" da escritura, so superada por algo "máis maravilloso", que é ler.
O rexedor concluíu as súas verbas enxalzando a profesión "nobre e fermosa" dos libreiros e animando aos asistentes á Feira do Libro de Vigo que se acheguen aos autores que pasarán polo centro da cidade a asinar os seus traballos.
No acto de inauguración desta mañá, os asistentes presenciaron a actuación do grupo de gaitas Vagalume e o pregón do a cargo do escritor Carlos Núñez.
O público que se achegue á Feira do Libro deste ano atopará unha quincena de postos, con librerías de orixe diversa e a presenza das bibliotecas Juan Compañel e a municipal Neira Vilas. A organización salientou a exposición baseada no libro "Mar de Redes", que permitirá aos asistentes á Feira achegarse ao traballo diario no entorno marítimo.
Durante os dez días da Feira se realizarán máis de sesenta coloquios, presentacións e sinaturas de libros, e un centenar de homes e mulleres do mundo de libro estarán presentes en Vigo. Para os máis pequenos da casa, a Feira ofrece obradoiros de encadernación, ilustración e escritura, ademais de poder gozar con actuacións de títeres, contacontos, concertos e maxia, entre outras actividades.
Como vén sendo habitual, os libros adquiridos nos postos da Feira de Libro gozarán dun desconto do 10% no seu importe.
Descargar todas as imaxes