Escoitar

O Concello construirá en Sárdoma un pavillón polideportivo con capacidade para 300 espectadores

Esta nova dotación deportiva estará emprazada en Quirós, entre as rúas Dona Cristina e Continos, e acollerá unha pista multiusos para balonmán, baloncesto, fútbol sala e volei, un ximnasio e vestiarios, ademais dunha cancha de baloncesto e prazas de estacionamento en superficie, segundo explicou este mércores o alcalde.

mércores, 28 xuñ 2017
Caballero avanzou que a Xerencia de Urbanismo dará conta da incoación do cambio de uso público das parcelas afectadas no Plan Parcial de Quirós, que pasarán a ter utilidade deportiva para dar cabida urbanística ao novo polideportivo.

O alcalde detallou que o proxecto municipal presenta unha superficie de 2.300 metros cadrados, o pavillón contará con capacidade para uns 300 espectadores e disporá de pista de usos múltiples, ximnasio e vestiarios, ademais dunha cancha de baloncesto e de prazas de aparcamento na superficie.

A pista, engadiu Caballero, servirá para a práctica deportiva de balonmán, baloncesto, fútbol sala e voleibol, nun pavillón totalmente accesible, que estará adaptado ao uso de persoas con mobilidade reducida. O resto da parcela servirá como espazo aberto con zonas verdes e sendas de paso.

No tocante aos prazos, o rexedor vigués adiantou que a previsión municipal pasa por adxudicar a construción antes de que finalice o presente ano. O prazo de execución das obras será dun ano.