O Concello apoia a Casa Intelixente, Accesible e Sostible promovida pola Fundación ONCE

O segundo tenente de alcalde, David Regades, participou este martes en Bouzas na inauguración desta iniciativa da Fundación ONCE e do Real Padroado sobre Discapacidade. Esta vivenda consegue adaptarse ás necesidades dos seus habitantes, coidando ademáis de factores coma o confort, a seguridade, a enerxía, as comunicaciones e a accesibilidade.

martes, 27 xuñ 2017
1498567079regades.jpg
Con este proxecto, os promotores procuran amosar as posibilidades de construción e dotación de mobiliario dunha vivenda accesible e sostible tendo en conta as diferentes situacións de discapacidade, e ofrecer solucións técnicas e tecnolóxicas diversas, a través das tecnoloxías que se precisen e tendo en conta tamén os criterios de accesibilidade.

En definitiva, con esta Casa, os organizadores tratan de dar a coñecer as posibilidades do deseño universal para que se coñeza, demande e ofreza estes servizos á sociedade.
Descargar todas as imaxes