Caballero participa nunha xornada para potenciar o uso das TIC na prevención laboral na pesca
O rexedor inaugurou hoxe luns unha xornada de difusión nacional do proxecto Safe Fishing que a Cooperativa de Armadores organizou esta mañá no Edifico de Sesións da Autoridade Portuaria. Ao longo do encontro púxose en valor unha ferramenta formativa baseada no uso das TIC para a Prevención dos Riscos Laborais e Promoción da Seguridade no sector da pesca de arrastre.
