O goberno de Vigo destina 235.000 euros para arte urbana en quince novas medianeiras
Caballero informou da clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- para as actuacións artísticas sobre quince novos espazos da cidade. Ademais, o goberno de Vigo acordou adicar 187.000 euros para a posta en marcha do proxecto EDUSI-Vigo Vertical, cofinanciado polo FEDER.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns da clasificación de ofertas para a contratación das actuacións preparatorias para a conversión en arte urbana de quince novos espazos da cidade, parte da terceira edición do programa municipal para o pintado de medianeiras.
A antiga adxudicación provisional resolveuse por 235.000 euros, cunha baixa do 21% sobre o importe de licitación. Caballero engadiu que este ano se decorarán unha quincena de medianeiras emprazas en Beiramar, Castelao, Coia, Rosalía de Castro, rúa Coruña, Doutor Corbal, escaleiras entre Romil e Camelias, entre Pi y Margall e Bouzas, pavillóns de Bouzas e Travesas, na Casa do Patín, na Florida, en Fátima e no túnel da rúa Ourense. O orzamento total do Concello para a edición deste ano supera os 450.000 euros.
Outros acordos
En rolda de prensa, o rexedor deu conta da clasificación de ofertas para a contratación de servizos de cara á posta en marcha do proxecto EDUSI-Vigo Vertical, cofinanciado polo FEDER. Cunha baixa do 22% sobre a licitación, o importe ascende a 187.000 euros.
Por último, o goberno de Vigo aprobou o convenio co Colexio Oficial de Enxeñeiros Industrais de Galicia segundo o cal o Concello achega 29.000 euros para a organización do Congreso Internacional de Enxeñería de Fabricación (MESIC 2017). Concello, Universidade e ASIME son parte "nuclear" deste Congreso, organizado polo nomeado Colexio, e que terá lugar en Vigo entre os días 28 e 30 de xuño.