xoves, 29 xuñ 2017
Coa participación do alcalde, a 43ª edición da Feira do Libro de Vigo arrancou este xoves, e ata o 8 de xullo, na Porta do Sol, en horario de 11 a 14 e de 17:30 a 22 horas. Abel Caballero manifestou que agarda que emprazalo no "mellor sitio da cidade" sirva "para favorecer, para estimular, para apoiar" o evento.
xoves, 29 xuñ 2017
Despois de achegarse ao cemiterio de Pereiró este xoves, Abel Caballero definiu a Alfonso Zulueta de Haz como un "defensor do mundo da cultura", un "gran vigués, unha gran persoa", que "tan bo nome e tantos bos recordos deixou na cidade".
xoves, 29 xuñ 2017
O alcalde de Vigo felicitou hoxe xoves ao Atlético Guardés de Balonmán polo seu triunfo na Liga Loterías feminina de balonmán. Durante un encontro co rexedor de A Guarda e co presidente do club, Caballero avanzoulles a vontade da cidade de cederlles o Pavillón de As Travesas "sempre que sexa preciso", dado que esta dotación deportiva é a única que reúne as condicións esixidas por Europa.
xoves, 29 xuñ 2017
O Trofeo Armando Cajaraville de fútbol 7 e fútbol 8, organizado polo Casablanca e patrocinado polo Concello de Vigo, chegou á súa fase decisiva, segundo anunciou o alcalde da cidade, Abel Caballero, acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, o presidente do club, Juan Lago, e representantes da entidade.<br />