O goberno de Vigo xa puxo a disposición da Xunta os terreos para ampliar o IFEVI
Así o anunciou este mércores Abel Caballero, quen avanzou que a Xerencia de Urbanismo dará conta da incoación do expediente de cesión. Unha vez asinado o convenio expropiatorio o pasado venres, este luns o Concello puxo os terreos á disposición da Xunta este mesmo luns.
Desde o pasado luns, o Concello de Vigo ten á disposición da Xunta de Galicia os terreos expropiados para acometer a ampliación do recinto feiral de Cotogrande, toda vez que o venres da semana pasada asinouse o convenio expropiatorio de mutuo acordo coa comunidade de montes de Cabral.
Así o explicou este mércores Abel Caballero, quen apuntou que na próxima sesión da Xerencia de Urbanimo se dará conta da incoación do expediente de cesión. Xunto á posta á disposición autonómica dos terreos, o goberno vigués incoa ao tempo o expediente para ceder a súa titularidade á Xunta de Galicia.
O alcalde contrapuxo a celeridade na tramitación municipal da ampliación do IFEVI coa "dilación" da Xunta de Galicia. Así, Caballero denunciou que o goberno autonómico tardou doce días en remitir ao Concello a certificación de aprobación do proxecto pola vía da urxencia, que chegou onte martes á administración local.
"A Xunta de Galicia ten que tomarse as cousas de Vigo en serio", valorou Caballero, pois nestes doce días o goberno vigués elaborou e aprobou o convenio expropiatorio, puxo os terreos á disposición autonómica e incoou o expediente de cesión da titularidade destes.