Faladoiro Artesán no CAT

martes, 10 mar 2015

O mércores, 11 de marzo, ás 20 horas terá lugar na sede do Centro de Artesanía Tradicional -CAT- un novo Faladoiro artesán. A charla introducirá o tema "Redes: da pesca ás novas utilidades" e será impartida por membros da Asociación Atalaia de Redeiras do Baixo Miño.

Caballero anima á cidadanía a participar na primeira edición do Boom! Film&Comic

luns, 9 mar 2015

Este luns presentouse a primeira edición deste festival do cine e da banda deseñada, un "evento singular e moi especial" que "arrancamos con moito entusiasmo", subliñou o alcalde. Os organizadores explicaron que o Boom! Film vai desde hoxe ata o 12 de marzo coa proxección de 8 películas, mentres que o Boom! Cómic será o 13 e 14 de marzo no Auditorio Mar de Vigo, con presentacións, concursos, espectáculos e exposicións.

O goberno de Vigo eloxia a "alta calidade" e o "carácter multidimensional" de ALT.15

xoves, 5 mar 2015

Así o manifestou este xoves o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, durante a presentación da 14ª edición do Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo, que ten lugar do 9 ao 15 de marzo en distintos puntos da cidade. O Concello é o colaborador principal do ALT, un evento internacional que engade o cine, a danza e a música ás representacións teatrais de compañías nacionais e internacionais.

Estrea documental "O Piloto" de Xosé Reigosa

luns, 2 mar 2015

O martes día 3 de marzo, ás 20:00 h estrease no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1) o documental "O Piloto", realizado por Xosé Reigosa e con guión de Alfonso Eiré; o acceso é con entrada libre ata completar aforamento.

O festival de teatro alternativo de Vigo ALT organiza unha festa marathon

venres, 27 feb 2015

O domingo 1 de marzo, o 14º Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo ofrecerá unha programación especial adicada ao traballo da compañía VOADORA. Presentaranse en varios espazos da cidade parte dos espectáculos que marcaron a traxectoria da compañía.A partir de 16h en Casa de Arínes, Auditorio do Concello e Auditorio Afundación. Haberá un bus que traslade ao público dun sitio para outro e os traslados tamén serán aproveitados pola compañía para realizar fotogramas da peza Super 8. O ALT está organizado pola Asociación Cultural Noescafé Teatro en colaboración coa Concellería de Cultura, Festas e Museos.

"Vigo é música" no Auditorio Municipal

martes, 24 feb 2015

O mércores 25 de febreiro ás 20,00 h terá lugar no Auditorio Municipal "Vigo é música", espectáculo creado polo Cuarteto Caramuxo a petición da Fundación Vigueses Distinguidos e o Concello de Vigo no que o grupo pasa polo seu persoal xeito de interpretar a música cun repertorio de pezas nas que a cidade de Vigo é a protagonista.Entrada de balde ata completar aforo

Caballero di que o Canto das Illas "será un espectáculo único na historia da cidade"

martes, 17 feb 2015

O alcalde compareceu esta mañá en rolda de prensa acompañado dunha nutrida representación dos artistas que interveñen no Canto das Illas, un espectáculo que se vai representar os días 20, 21 e 22 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo. Caballero cualificou de "única na historia da cidade" unha iniciativa municipal, promovida para promocionar As Illas Cíes como patrimonio da humanidade da Unesco.