Escoitar

A Casa das Artes recolle nunha mostra os traballos do XXI Maratón Fotográfico

Unha mostra na Casa das Artes reúne os traballos dos 91 participantes na última edición do Maratón Fotográfico. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 12 de marzo.

venres, 3 feb 2017
Durante o acto de inauguración da exposición na Casa das Artes, déronse a coñecer as persoas gañadoras dos premios estipulados nas bases do "XXI Maratón Fotográfico" que tivo lugar os días 10 e 11 do pasado mes de decembro. Nesta ocasión foron un total de 91 participantes que tiveron 24 h para fotografar catro temas: "Resplandor", "Construindo", "Clandestino" e "Oco".

O xurado, presidido polo concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez Escudero, estivo composto por: Eva Díez, fotógrafa; David Hernández, autor cinematográfico; Iria Vázquez, artista multidisciplinar e Miguel Vidal, fotógrafo. A exposición, na que se expoñen a obra de todos os participantes e de forma ampliada a dos 25 seleccionados, permanecerá aberta ao público ata o 12 de marzo.

Os premios concedidos ás series fotográficas foron os seguintes:
- Primeiro premio, dotado con 1.000 €: Antonio Álvarez Vidal
- Segundo premio, dotado con 500 €: Fran Pedreira
- Terceiro premio, dotado con 300 €: Adrián Freiría Díaz
- Dous accésit: Manuela Mateo-Morales e Thibaud Dupuy