luns, 23 nov 2015
A capela ardente do poeta falecido este domingo en Vigo aos 92 anos permanecerá aberta ata as 17:00 horas da tarde deste luns na Casa da Cultura Galega, o espazo que o Concello habilitou para que a cidadanía puidera render homenaxe a un autor que o alcalde definiu como "poeta universal que facía a súa poesía dende as rúas de Vigo, de Madrid, de España para a cidadanía do mundo".
luns, 16 nov 2015
Unha viaxe sonora o martes 17 de novembro no Museo MARCO (Príncipe, 54) dentro do III Festival VertixeVIGO, presentación de Technics con Nou Ensemble ás 20.30 h. A entrada en anticipada, 5 euros; en billeteira, 8. Hai un bono de 20 euros para todo o festival.
luns, 16 nov 2015
A Concellería de Cultura e mailo grupo Aletheia-Vigo organizan as XXIII Xornadas de Filosofía, que terán lugar no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1) os días 17, 18 e 19 de novembro, de 17:00 h a 21:00 h (e de 10:30 a 13:30 h o mércores 18), baixo o título "Filosofía e Neurociencia".
venres, 13 nov 2015
A Agrupación Fotográfica Galega organiza, coa colaboración da Concellería de Cultura, a viséxima edición do Maratón Fotográfico "Concello de Vigo" que terá lugar na fin de semana do 14 e 15 de novembro.
venres, 13 nov 2015
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, trasladou esta mañá todo o apoio do Goberno local á Asociación de Música Clásica de Galicia por su "enriquecedora" labor en la difusión de la cultura. Esta entidade elixiu Vigo para facer o seu concerto de presentación que será o martes 17 de novembro no Teatro Afundación Vigo.
mércores, 11 nov 2015
Daniel Antomil Pérez, autor do libro "Los nombres de las calles de Vigo", falará das orixes dos <br />
topónimos dalgunhas rúas emblemáticas de Vigo. A charla terá lugar o xoves, día 12, ás 13.00h. na sede do Museo Liste-Etnográfico de Vigo.<br />
<br />
mércores, 11 nov 2015
O alcalde de Vigo enfatizou esta mañá a necesidade de afondar na reflexión neste "azaroso século XXI" en foros como as XXIII Xornadas de Filosofía e Neurociencia que se organizan os próximos 17,18 e 19 de novembro no Auditorio Municipal. Caballero estivo acompañado por Avelino Muleiro, presidente de Aletheia-Vigo na rolda de presentación deste foro de debate.
martes, 10 nov 2015
O alcalde acudiu hoxe martes á Casa Galega da Cultura para participar na inauguración de "Galicia imaxinada nas revistas de emigración", unha exposición que retrata a través de vinte paneis a imaxe que os emigrantes teñen de Galicia. Caballero fixo un chamamento á eliminación do voto rogado por ser unha "enorme dificultade" para que os emigrantes poidan exercer o seu dereito.
martes, 3 nov 2015
O mércores dia 4 comeza a terceira edición do festival vertixeVIGO15, un festival internacional de creación musical contemporánea que se extenderá durante todo o mes de novembro e que organizan conxuntamente a Concellería de Cultura e maila Asociación Cultural VERTIXE SONORA.
xoves, 29 out 2015
O venres día 30 de outubro, ás 20:00 h, a Fundación Laxeiro (r/ Policarpo Sanz, 15) inaugura a exposición titulada The flickering darkness, un proxecto do artista español afincado en Londres, Juan delGado (Cartagena, Murcia, 1965) que por primeira vez se exhibe en España.