O rexedor convida á cidade a gozar das dúas grandes obras do Outono Lírico
Nabucco de Verdi, o 9 de outubro, e Los pescadores de perlas de Bizet o 11 de novembro, conforman o programa da sexta edición do Outono Lírico 2016 que organiza a Asociación Amigos da Ópera de Vigo co apoio do Concello. Ambos títulos poderán gozarse no Teatro Afundación ás 19:30 e ás 20:30 horas, respectivamente, aínda que as entradas levan días esgotadas para Nabucco.
Abel Caballero presentou en rolda de prensa este xoves a programación do Outono Lírico 2016, que organiza Amigos da Ópera de Vigo, e que está conformada por grandes títulos: Nabucco de Verdi e Os Pescadores de perlas de Bizet. O rexedor, satisfeito co programa, convidou a "toda a cidade" a que asista aos espectáculos porque a ópera, dixo, é unha maneira de "vertebrar unha cidade" a través da cultura.
Daniel Diz, director artístico do Outono Lírico, agradeceu ao Concello o seu labor como "valedor" principal do Outono Lírico de Vigo e que fai posible que as entradas teñan prezos accesibles, entre os 7 e os 50 euros. Nesta sexta edición, o festival consolídase como referente a nivel nacional e internacional e, como aval a esta apreciación, sinalou Diz que aparece citado como un dos dous programas líricos máis importantes de España no ano 2015 na revista inglesa "Ópera" a máis lida do mundo do xénero.
O Outono Lírico 2016 presenta dous grandes títulos que se poderán gozar no Teatro Afundacion: o 9 de outubro ás 19:30, horas, Nabucco e o 11 de novembro ás 20:30, Los pescadores de Perlas.
Nabucco levaba sen representarse en Vigo dende o ano 1970 e volve á cidade nunha versión "impactante, dura e respectuosa coa obra orixinal de Verdi aínda que trasladando a acción a Siria", segundo apuntou o director artístico do Outono Lírico, con grandes voces e a Orquestra Sinfónica Vigo 430. Los pescadores de perlas tamén levaba 46 anos sen poder gozarse na cidade e regresa coa Real Filharmonía de Galicia e un reparto de grande calidade.
Descargar todas as imaxes