O Concello expropiará os terreos para a ampliación do IFEVI
O alcalde valorou positivamente este mércores a vontade de todas as partes para que a ampliación do recinto feiral sexa unha realidade na celebración de CONXEMAR o vindeiro ano 2017. Ademais declarou que a repercusión da feira na cidade está sendo "notable".
A segunda xornada de celebración da XVIII edición de Conxemar está a desenvolverse de maneira "excepcional" e cunha repercusión "notable e relevante coma sempre" na cidade, segundo apuntou Abel Caballero, quen engadiu que na tarde-noite de onte luns estaba "todo Vigo ocupado".
O rexedor declarou tamén o Concello se fará cargo da expropiación dos terreos para poder acometer a ampliación do IFEVI e, dada a vontade de todas as partes de traballar con ese fin, o goberno municipal apoiará "a fondo" o proxecto para facelo posible, apuntando que "todo está en marcha". Para Caballero, a nova nave permitirá que o ano que vén haxa polo menos 70 empresas máis participando en Conxemar, o que significa "máis asistentes, máis público, máis negociación e unha feira máis importante en Vigo para todo o mundo".
Descargar todas as imaxes