Escoitar

O Concello colabora no XXI Encontro sindical da muller que se organiza mañá no hotel Coia

O Concello coopera co XXI Encontro sindical da muller que se desenvolverá mañá xoves no hotel Coia, baixo a organización das centrais sindicais. Estas xornadas incluirán debates tan importantes como as dificultades das mulleres no mercado laboral ou as diferencias salariais respecto dos homes.

mércores, 5 out 2016
Baixo o título A igualdade no mercado laboral. Superando obstáculos. Rompendo barreiras, mañá as centrais sindicais organizan o XXI Encontro sindical da muller, co patrocinio municipal. Segundo anunciou o rexedor, o hotel Coia será o espazo no que se manterán debates tan importantes como a análise das dificultades das mulleres no mercado laboral, medidas de conciliación, diferencias salariais respecto dos homes, loita contra a violencia machista así como mecanismos ou ferramentas para actuar fronte a situacións de discriminación de xénero.