xoves, 6 outubro 2016

O alcalde comproba en Balaídos o avance das obras

xoves, 6 out 2016

Abel Caballero visitou este xoves xunto coa tenente de alcalde e presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o Estadio Municipal de Balaídos para observar a evolución dos traballos que se están acometendo na reforma da grada Tribuna. Alí puxo en valor a "gran acción" realizada na estrutura e o labor do enxeñeiros civís responsables da obra.

O rexedor convida á cidade a gozar das dúas grandes obras do Outono Lírico

xoves, 6 out 2016

Nabucco de Verdi, o 9 de outubro, e Los pescadores de perlas de Bizet o 11 de novembro, conforman o programa da sexta edición do Outono Lírico 2016 que organiza a Asociación Amigos da Ópera de Vigo co apoio do Concello. Ambos títulos poderán gozarse no Teatro Afundación ás 19:30 e ás 20:30 horas, respectivamente, aínda que as entradas levan días esgotadas para Nabucco.

Exposición na Casa das Mulleres "Pintando en pastel"

xoves, 6 out 2016

Desde o día 7 de outubro a Casa das Mulleres acollerá a exposición "Pintando en pastel" que recompila os traballos realizados polas alumnas que participaron no 1º obradoiro de pintura en pastel. impartido por Paula Mariño. A mostra poderase visitar ata o día 21 de outubro, de luns a venres, en horario de 17:30 a 21:00h.