O Concello planta unha oliveira bicentenaria na Concatedral onde estaba a que deu nome á cidade
A oliveira bicentenaria sitúase na Praza da Igrexa onde, segundo a lenda, os templarios plantaron a orixinaria da que derivou o nome de "cidade olívica". O rexedor adiantou que seguirá enchendo a cidade con estas árbores emblemáticas.
O alcalde asistiu esta mañá á plantación dunha oliveira bicentenaria na Praza da Igrexa, diante da Concatedral de Santa María, no mesmo lugar onde existía a oliveira que orixinou a denominación "cidade olívica" e que, segundo a lenda, plantaron os cabaleiros monxes templarios pero que acabou desaparecendo por un incendio, e da que se extraeu unha póla da que logo creceu o exemplar situado no Paseo de Alfonso.
Caballero manifestou o desexo do seu goberno de poñer unha oliveira nese espazo, diante da "catedral de Vigo" coa idade do orixinario para continuar, ademais, coa política de encher a cidade desta especie arbórea tan simbólica na historia viguesa e sinalou que xa hai agora "máis oliveiras que na época dos Reis Católicos que foi o tempo na que máis houbo".
Descargar todas as imaxes