Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 6 out 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 7 DE OUTUBRO DE 2016.


1.- Acta da sesión ordinaria do e extraordinaria e urxente do 23 de setembro de 2016.

BENESTAR SOCIAL
2.- Prórroga do convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o desenvolvemento do programa "Xantar na Casa". Expte. 130417/301.

CONTRATACIÓN
3.- Proposta de autorización de cesión de participación na UTE titular da concesión de dominio público de aparcadoiros subterráneos das rúas Urzáiz e Praza da Independencia. Expte. 5710/241.

DEPORTES
4.- Nomeamento da dirección facultativa e da coordinación de seguridade e saúde, das obras de mantemento e reparación dos campos de fútbol de Comesaña e Meixoeiro. Expte. 15371/333.

5.- Proposta de autorización para a organización do XXI Cross Castro San Miguel, o vindeiro domingo 9 de outubro de 2016. Expte. 15030/333.

6.- Proposta de autorización para a organización do Trofeo Concello de Vigo de Ciclismo, o vindeiro domingo 9 de outubro de 2016. Expte. 15278/333.

DIRECCIÓN DE INGRESOS
7.- Expediente de contratación dos servizos de actualización e mantemento catastral, integración coa plataforma municipal VCI e actualización de bases de datos tributarias. Expte. 2288/500.

EDUCACIÓN
8.- Dar conta da renuncia voluntaria da bolseira Marta Sacau Fontenla, beneficiaria da estadía formativo-Lingüística en Lisboa. Expte. 18206/332.

EMPREGO
9.- Convocatoria e Bases reguladoras das "Axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa 2016". Expte. 12763/77.

10.- Proxecto de convenio de colaboración coa "Asociación de Comerciantes de la Calle del Príncipe de Vigo" no marco do fomento do emprego para a potenciación do comercio da zona Centro Príncipe. Expte. 12806/77.

INTERVENCIÓN XERAL
11.- Contas xustificativas dos libramentos a xustificar- ano 2016 (3º). Expte. 102598/140.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
12.- Prórroga do contrato maior de "Servizo de atención cidadá a través da liña telefónica 010". Expte. 3399/321.

RECURSOS HUMANOS
13.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas dun oficial mecánico, baixo a modalidade prevista no art. 10.1.d) do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, do TRELBEP, por un prazo máximo de seis meses, para o servizo de Parque Móbil. Expte. 27690/220.

14.- Axudas especiais (FAS) 2016. Expte:28455/2016.

15.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por exceso de xornada anual do persoal do servizo de Cemiterios, correspondente ao mes de agosto de 2016. Expte. 28642/220.

16.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal das brigadas de pavimentación correspondente ao mes de febreiro de 2016. Expte. 28644/220.

17.- Complemento de produtividade do persoal dos servizos de Educación, Patrimonio Histórico e Transportes por conducir vehículo municipal sen ser oficiais, correspondentes ao 2º trimestre de 2016. Expte. 28647/220.

18.- Dar conta de resolucións ditadas pola Concellería-delegada da Área de Xestión municipal. Expte. 28332/220.

SERVIZO ÁREA DE CULTURA
19.- Solicitude de información ao Xulgado do Mercantil de Vigo sobre a presentación ante o mesmo, por parte de Pazo de Congresos de Vigo, S.A., de comunicación das negociacións a que se refire o art. 5 bis da Lei concursal, e no seu caso, actuacións derivadas. Expte. 960/330.

URBANISMO
20.- Oferta de emprego público da Xerencia municipal de Urbanismo- 2016. Expte. 9205/407.

21.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 7 de outubro de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 5 de outubro de 2016.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.