Vertixe Sonora converte a Vigo en referencia da creación musical contemporánea
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, presentou este xoves a cuarta edición do Festival Vertixe Sonora que trae á cidade a artistas de referencia da vangarda musical con nove concertos e sete estreas entre o 13 de outubro e o 11 de decembro.
A cuarta edición de Vertixe Sonora da Creación Musical Contemporánea, organizada por Vertixe Sonora Ensemble co apoio do Concello, sitúa á cidade no "corazón da música contemporánea e da creación de Galicia e do Estado" segundo destacou o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, na presentación do festival na que tamén apuntou o "compromiso municipal coa cultura" co apoio ao proxecto.
Na presentación estiveron presentes tamén, Ignacio Barcia, profesor da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo que puxo en valor o apoio institucional prestado e Ramón Souto, de Vertixe Sonora Emsemble, responsables do mesmo, quen agradeceu ao Concello a súa "aposta visionaria" polo festival que, sinalou, contribúe a "proxectar o territorio como espazo de creación e creatividade favorecendo que se exporten contidos dende aquí" situándose como plataforma internacional de presentación de novidades.
O programa desenvólvese entre o 13 de outubro e o 11 de decembro "mantendo as súas liñas de identidade" favorecendo o achegamento da cultura en espazos de proximidade co público, con prezos económicos e con actividades paralelas que buscan a colaboración activa da cidadanía". Con nove concertos, sete estreas absolutas e a presenza de artistas convidados de referencia como Desjardins-Anzelloti, el Kammarensemblen – KeN de Estocolmo, Oh Ton Ensemble de Oldenburg o el Proyecto OCNOS de Sevilla, Vertixe Sonora 2016 tamén conta co apoio do Musik Verket, Institut Français e do INAEM. Nesta edición, achegarase ás músicas en feminino en Coma espellos dun calidoscopio, un programa comisariado por Elena Rykova que contará coa colaboración da poetisa María do Cebreiro e que presenta cinco compositoras e artistas sonoras de diferentes países.
Ademais haberá espazo para a ciencia, coa recreación do instrumento de síntese acústica de Koenig (1832-1901) en colaboración exclusiva co Institut für Technikgeschichte da Universidad Técnica de Darmstadt para a estrea absoluta de Eduardo Moguillansky Droit sur les cloches. Tamén conmemora o segundo centenario da erupción do volcán Tambora, que dera lugar ao chamado 'ano sen verán' e a aparición de obras mestras da arte e da literatura como o Frankestein de Mary Shelley, Darkness de Byron ou moitos dos cadros de William Turner. No programa inclúese a reflexión sobre o ruído, a orde, a desorde ou a entropía co Proxecto OCNOS e coas estreas de Germán Alonso e Nuria Núñez.
Descargar todas as imaxes