luns, 3 outubro 2016

Caballero destaca a importancia da pesca na economía viguesa

luns, 3 out 2016

O rexedor participou este luns en Vigo na inauguración do Congreso Mundial de Cefalópodos, organizado pola FAO e Conxemar, no que se debate o presente e futuro dun produto que representa o cinco por cento do total de peixes, crustáceos e moluscos capturados no mundo e o catro por cento do volume total do comercio mundial destas especies. Caballero puxo en valor a importancia do sector da pesca na economía da cidade e de Galicia e, dando a benvida á cidade a todos os participantes, salientou as sinerxías positivas que se derivan de encontros de tantos países e persoas en eventos destas características.

O alcalde eloxia o labor da Policía Nacional na cidade e a súa cooperación coa Policía Local

luns, 3 out 2016

Abel Caballero asistiu este luns aos actos de celebración do Día da Policía Nacional, que se desenvolveron na comisaría de Vigo-Redondela situada na rúa López Mora, onde se impuxo a Cruz ao Mérito Policial á fiscal xefe da área Susana García-Vaquero e ao xefe da Policía Local, Francisco Martínez, pola cooperación permanente entre os dous Corpos de seguridade. O rexedor puxo en valor o traballo que realiza a Policía Nacional en Vigo e destacou a súa colaboración continua coa Policía Local da cidade.