Vigo recibe 15 millóns de fondos europeos para continuar cos proxectos do Vigo vertical
Abel Caballero deu conta esta mañá da decisión de Europa de outorgar a Vigo 15 millóns dentro da convocatoria de axudas de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (DUSI) cofinancidas con fondos Feder. Tal e como avanzou, esta achega servirá para sufragar varios proxectos do chamado Vigo vertical.
Vigo recibirá 15 millóns de euros de fondos Feder, é dicir, a máxima cantidade á que podía aspirar, dentro da convocatoria de axudas de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (DUSI). O proxecto seleccionado, o Vigo Vertical, ten un importe de 18.750.000 euros, dos que o Concello achegará 3.750.000 euros.
O rexedor amosou a súa satisfacción pola decisión, puntualizando que a cantidade dependía da bondade da solicitude, e eloxiou o proxecto presentado polo Concello, baseado nunha nova visión de ordenamento social e espacial, en liña do que xa se está facendo agora na cidade salvando as dificultades orográficas.
Vigo é a cidade galega que máis cartos ten adxudicados, fronte ao Concello de A Coruña ou a Deputación de Ourense que non foron seleccionados.