Escoitar

Inauguración "Mutación inducida" de Silverio Rivas

O escultor Silverio Rivas (Ponteareas, 1942) presenta "Mutación inducida" na Fundación Laxeiro, unha serie de traballos de pequeno formato que dan unha visión moi diferente da obra deste artista, coñecido principalmente pola súa escultura pública de carácter monumental.

venres, 30 set 2016
1475234849convite.jpg
"Mutación inducida" é un proxecto moi peculiar que está formado por pezas de pequeno formato realizadas en latón, nuns casos, a partir da manipulación e corte de latas de conserva, coas que o artista plasma o seu pensamento volumétrico dunha forma espontánea e, noutros casos, formado por latas de refrescos esmagadas que o artista atopa nos seus paseos e que non intervén, máis alá del limpado e o enmarcado de cada unha delas.

Con este traballo, o artista distanciase da súa obra máis monumental e pesada, realizada con materiais como o granito, o aceiro, o bronce, o formigón, o poliéster ou a madeira, e ofrécenos un traballo lixeiro e de pequenas dimensións que nos achega de primeira man ao seu pensamento formal e volumétrico máis inmediato, liberado dos complicados procesos construtivos que adoita utilizar na súa obra escultórica de grandes dimensións.

A exposición poderase visitar desde o 30 de setembro ó 20 de novembro.
Descargar todas as imaxes