Escoitar

O alcalde celebra a volta do Celta a Europa e agradece a cooperación da UEFA coas obras

Abel Caballero presidiu este xoves a recepción que o Concello ofreceu aos responsables do Celta, do Panathinaikos grego e da UEFA no Pazo de Castrelos con motivo do partido que enfronta aos dous equipos esta tarde en Balaídos. O alcalde celebrou o regreso á competición europea do Celta eloxiando o traballo do equipo e do presidente e agradeceu a cooperación da UEFA ante as obras de remodelación do Estadio Municipal de Balaídos para facer "o mellor campo do mundo" polo que dixo ser hoxe "o alcalde máis feliz do mundo".

xoves, 29 set 2016
1475152217celta.jpg
Descargar todas as imaxes